martes, 30 de junio de 2020

Pequena carta de despedida para os alumnos/as de 6º C.



Estimados alumnos/as e familias de 6ºC:
Como titor e profesor voso durante case dous cursos, chegou o momento de despedirme de todos e todas, dun xeito pouco usual,pero espero que vos chegue a todos e todas.
Pasamos dous cursos case, moi bos, fostes alumnos/as que como o titor pedía, había que ser equipo,e ademáis alumnos/as academicamente bos en xeral.
Xa vos dixen que había tempo que non tiña unha clase tan boa en tódolos sentidos.Vamos esquecer pequenas cousas.
Seguide sendo solidarios e empáticos e seguide traballando cada día máis.
Sinto moito non levarvos a Madrid, pero moito, porque o tiñades merecido.
Despidome triste, moi triste,pero sempre me lembrarei de todos e todas.
Sabedes onde estou e sigo, se me precisades contade conmigo.
Moitos bicos e moitas apertas queridos alumnos e alumnas.
Esquecíame, cando me vexades faládeme.

Odilo Airas López

viernes, 19 de junio de 2020

Unha despedidiña!

Queridos alumnos de Sexto C:

     Un ano máis tócame despedir a outra xeración que comeza unha nova etapa e, coma sempre, fágoo coa seguridade de que seredes capaces de acadar as metas que vos propoñades.

      Ás veces custaravos máis traballo e outras resultará máis doado, pero non deixedes que o medo vos impida chegar tan lonxe coma queirades.

     Síntome moi orgulloso de tervos coñecido, de poder pasar, case, dous cursos xuntos e de aprender todos un pouco, non só das materias docentes senón do significado de respecto, compañeirismo, humildade, superación, solidaridade... todos esos valores importantes que vos acompañarán durante toda a vida e non debedes esquecer.

     Bueno, non sigo "enrollándome" que aínda acabarei contándovos algunha anédocta de cando era novo....

     En fin, rapaces, que vos vou botar moito de menos e que saibades que me teredes sempre para o que precisedes.

     Unha gran aperta e ata sempre

     Antonio 👴

jueves, 18 de junio de 2020

AVISO IMPORTANTE PARA FAMILIAS E ALUMNOS/AS

Estimadas familias e alumnos/as:
Os días 25 e 26 de xuño pasaran polo centro para:

- Devolución de libros de texto.
- Recollida do historial académico.
- Devolución da mochila viaxeira e libros da biblioteca.
- Recollida do certificado de promoción para a matrícula no instituto.
- Recollida do talón da excursión.

Unha aperta para todos e vémonos.

miércoles, 17 de junio de 2020

Traballo de Matemáticas e Galego Repaso trimestral.

Estimados alumnos/as imos facer un repaso trimestral de matemáticas e de galego e con elo damos por finalizado o repaso deste trimestre. Coma sempre desexo que esteades ben vos e as familias, espero vervos pronto.Änimo para todos.


 Traballo de Matemáticas:

Repaso trimestral, pax. 184 e 185.


Traballo de Galego:

Repaso trimestral, pax. 206 e 207.

O luns día 22 colocarei as solucións.

Apertas para todos/as.

viernes, 12 de junio de 2020

¡Aviso importante!

Bos días a todos de novo.

Aviso de Dona Lita: a todos aqueles alumnos de Relixión que teñades traballos feitos e sin entregar, mandádeos ao seu correo (tedes toda a información no blog de Relixión). Estos traballos poden subir a nota final e recolleraos ata o domingo día 14.

Un saúdo

jueves, 11 de junio de 2020

Novas actividades de Matemáticas e Galego.

Estimados alumnos/as seguimos traballando e coloco as novas actividades, desexando que todos esteades ben e os vosos tamén, e esperando vernos, bicos para todos.

Actividades de Matemáticas:

Repaso da unidade 11: Páxinas 166 e 167.

Actividades Galego:

Páxinas- 186 e repaso páxinas 188 e 189.

Ánimo e o martes colocarei solucións.

lunes, 8 de junio de 2020

¡Recordatorio!

Bos días a todos!

Recordade que o mércores 10 teredes que terme entregados os exercicios que vos mandei a semana pasada. Podedes facelos no caderno e mandarmos cunha foto ou no ordenador (calquera das opción é valida). 

Moito ánimo a todos!


Antonio 👴

jueves, 4 de junio de 2020

Novas actividades de Matemáticas y Galego.

Estimados alumnos/as, espero que todos estedes ben, e as familias tamén , seguimos traballando e coloco as actividades de matemáticas e Galego para estes dias, bicos a todos e haber se nos vemos pronto.

Traballo de Matemáticas.

Páxinas: 161-162-163-164-165.

Traballo de Galego.

Páxinas:Gramática, pax. 180-181. Ortografía: pax.182-183. Expresión e literatura: pax.184-185

Mandarei as solucións o mércores 10. Ánimo.

lunes, 1 de junio de 2020

¡Exercicios finais!

Bos días e bo inicio de mes a todos!

Que tal o levades todos? Xa estamos no derradeiro mes de curso, preparados para as vacacións?

Hoxe veño traervos uns novos exercicios para facer. Á diferencia dos anteriores, nestes temos unha serie de normas:

  • Temos exercicios de tódalas materias  (atoparédelos en cada unha das pestanas correspondentes).

  • Os exercicios poderanse  facer en papel a man (imprimíndoos e respondendo no mesmo papel ou poñendo simplemente as respostas nun folio) ou no ordenador (nun word) .

  • Cando se rematen, haberá que mandalos ao meu correo para que os poida revisar  antes do mércores día 10 de xuño.

  • Se o facedes en papel, podedes escanealo ou sacarlle unha boa foto na que se vexa o contido (se non se ve, non pederei entender nada).

En resumo, teredes que facer tódolos exercicios antes do día 10 e mandarmos ao meu correo:

mondegosextob@gmail.com


Unha aperta e moito ánimo!

Antonio 👴