lunes, 1 de junio de 2020

¡Exercicios finais!

Bos días e bo inicio de mes a todos!

Que tal o levades todos? Xa estamos no derradeiro mes de curso, preparados para as vacacións?

Hoxe veño traervos uns novos exercicios para facer. Á diferencia dos anteriores, nestes temos unha serie de normas:

  • Temos exercicios de tódalas materias  (atoparédelos en cada unha das pestanas correspondentes).

  • Os exercicios poderanse  facer en papel a man (imprimíndoos e respondendo no mesmo papel ou poñendo simplemente as respostas nun folio) ou no ordenador (nun word) .

  • Cando se rematen, haberá que mandalos ao meu correo para que os poida revisar  antes do mércores día 10 de xuño.

  • Se o facedes en papel, podedes escanealo ou sacarlle unha boa foto na que se vexa o contido (se non se ve, non pederei entender nada).

En resumo, teredes que facer tódolos exercicios antes do día 10 e mandarmos ao meu correo:

mondegosextob@gmail.com


Unha aperta e moito ánimo!

Antonio 👴

8 comentarios:

  1. Pero se hacen sin mirar por el libro¿No?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, desconocido/a.
      Ti verás!
      É un repaso de todolos temas do curso.Vou fixarme como vos desenvolvedes para buscar as solucións acertadas.
      Vou lelos. Para mandarmos, utilizade o método que vos resulte máis doado.
      Un saúdo,
      Antonio

      Eliminar
  2. Ola Antonio!
    Cando dis todas as asignaturas, refireste as túas, non?

    ResponderEliminar
  3. Ola, Celia.
    Bos días.
    Pois sí,só son as miñas asignaturas;c. sociais e c. da natureza.
    Unha aperta,
    Antonio.

    ResponderEliminar
  4. Hola Antonio,soy Ainhoa, espero que estés ben;
    No mapa de españa en sociais podense facer a a),b) e c) no mismo mapa?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos días, Ainhoa.
      Desexo que vós, tamén, esteades ben.
      Nos mapas de España sería aconsellable facer os apartados a e b nun mapa e o apartado c, noutro.
      Nos mapas de Europa: facer os apartados a e b, nun mapa e o apartado d, noutro.
      Todo isto porque senon habería moitos nomes xuntos. Sería moi complicado velos e saber se están ben.
      Ánimo, que xa queda pouco!
      Unha aperta,
      Antonio,

      Eliminar
  5. Ola Antonio:

    ¿O mércores 10 ainda podemos entregalos exercicios ou teñen que estar entregados o martes 9?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos días, Javier.
      Os exercicios podes mandalos ata o día 10,"incluído".
      Un saúdo e ánimo,
      Antonio.

      Eliminar